martes, 17 de mayo de 2016

Intervención urbana desurbanizada.

No transcurso deste ano de segundo de bacharelato ofrecéusenos unha actividade realmente atractiva na súa primeira exposición e na cal tanto eu como os meus compañeiros Ana, Mario, Andrea e Paula nos implicamos con gran interese.
O traballo baseabase na creación duns carteis a gran escala que irían divididos por seccións como pezas dun puzzle para ser posteriormente pegados e encaixados nunha parede.


Déronse a elexir numerosas vivendas onde os propietarios non ofrecían problema polo noso traballo e tendo constancia de como son as ruas en Boiro fixeime primeiramente na máis dificultosa sin pensalo con detención. Todos dispuxemos o SI e continuamos argallando o traballo.

Dicíase que estaban propostas unha serie de medidas de seguridade para aquelas persoas que decidiran siuar as suas obras en lugares aos que so se puidese chegar mediante unha esqueira. Participantes da actividade do Centro Social de Boiro tras non haber cumplido cos requisitos que decían sustentar negáronnos o dereito de poñer a tal altura os nosos carteis posto que non habían contratado ningún seguro e sentíanse en perigo coas medidas básicas que nos podíamos levar a cabo.





Descontentos e entristecidos co trato das persoas que nos propuxeron a actividade e da empresa que nos imprimiu os carteis en condicións bastante paupérrimas, decidimos independizar os nosos carteis e salvar a súa perduración no tempo ou máis ben alongala colocándoos nunha estancia á que poderíamos chamar fogar, e baixo o coste dos utensilios que decidimos comprar,independentemente da actividade, para situalos na parede.


No hay comentarios:

Publicar un comentario