miércoles, 18 de mayo de 2016

Proxecto silla

Para esta actividade inspireime nos cestos de bimbios de miña avoa. A silla trátase dun recuncho adicado a un momento no que desexes sentirte coma no venrte de tua nai. Pese a que nos planos e na maqueta non está visible nin instalada, constaría dunha bombilla na parte superior do arco que iluminaría o espazo. Tratase dun lugar destinado á relaxación, á lecura, ineractuación virtual... e a todo o que os seus propietarios desexen destinalo.



E aquí podemos visualizar o resultado final da maqueta:






Proxecto definitivo:

Como a estructura anterior non concordaba cos parámetros que esixía o traballo, decidín idear outro tipo de silla, ou máis ben taburete.
Esta destinado a todos os publicos pero en concreto pensei en salvagardar a sua función de cara ao ámbito infantil.
O taburete tratase dunha estructura pesada na que hai dous ocos. Un atopase na parte superior onde a zona para repousarse convirtese tamén na tapa de unha cabidade onde podemos gardar obxetos.
A segunda estructura atopase na parte inferior onde vemos un caizón adaptado á forma circular do taburete.








Packaging (pkaxxxxin)

Para esta actividade na que se nos propoxo facer o embase de algún producto que implicase a actividade do deseño, eu elexín mo
ntar unha caixa pra un perfume, aquí a imaxe do troquel:


E por outra banda teríamos a imaxe do perfume:

E por último o resultado final do embase:



martes, 17 de mayo de 2016

Intervención urbana desurbanizada.

No transcurso deste ano de segundo de bacharelato ofrecéusenos unha actividade realmente atractiva na súa primeira exposición e na cal tanto eu como os meus compañeiros Ana, Mario, Andrea e Paula nos implicamos con gran interese.
O traballo baseabase na creación duns carteis a gran escala que irían divididos por seccións como pezas dun puzzle para ser posteriormente pegados e encaixados nunha parede.


Déronse a elexir numerosas vivendas onde os propietarios non ofrecían problema polo noso traballo e tendo constancia de como son as ruas en Boiro fixeime primeiramente na máis dificultosa sin pensalo con detención. Todos dispuxemos o SI e continuamos argallando o traballo.

Dicíase que estaban propostas unha serie de medidas de seguridade para aquelas persoas que decidiran siuar as suas obras en lugares aos que so se puidese chegar mediante unha esqueira. Participantes da actividade do Centro Social de Boiro tras non haber cumplido cos requisitos que decían sustentar negáronnos o dereito de poñer a tal altura os nosos carteis posto que non habían contratado ningún seguro e sentíanse en perigo coas medidas básicas que nos podíamos levar a cabo.





Descontentos e entristecidos co trato das persoas que nos propuxeron a actividade e da empresa que nos imprimiu os carteis en condicións bastante paupérrimas, decidimos independizar os nosos carteis e salvar a súa perduración no tempo ou máis ben alongala colocándoos nunha estancia á que poderíamos chamar fogar, e baixo o coste dos utensilios que decidimos comprar,independentemente da actividade, para situalos na parede.


Cartel tipográfico

ANA WANTED




Primeira creación en contacto coa asignatura de deseño.

sábado, 5 de marzo de 2016

Proxecto deseño 2ª avaliación.

Traxectoria transcendente do proxecto

Primeiro día:  

Ante a actividade plantexada da libre creación dun proxecto que xirase entorno a asignatura de deseño, o meu compañeiro Mario e eu decidimos unirnos para montar algún tipo de empresa ou negocio xuntos.

Segundo día:

Tras darlle voltas ao asunto decidimos montar algún tipo de colectivo, asociación ou simple grupo antidrogas formando así anuncios publicitarios, carteis de diseño reivindicando dita postura, paxinas de acceso a contactar con nos e a recibir información entorno a esta actividade.

Terceiro día:

Dispostos a crear un lugar de desintoxicación para drogadictos e unhas actividades relacionadas con este tema, decidimos en enumerar as actividades a realizar, que en principio serán as seguintes:

  • Videos de campañas publicitarias en contra de diversos tipos de drogas.
  • Cartes de diseño nomeando o noso colectivo
  • Logotipo identificativo do colectivo (varios)
  • Páxina Web informativa e de contacto

Cuarto día:

Hoxe decidimos empezar a realizar fotos para crear a nosa páxina web desde wix.

































Quinto día:

A clase de hoxe adicámola a elección dunha plantilla para a paxina web, pero disconformes coas opcións decidimos creala dende 0.

Sexto día:

Cambiando de actividade, comezamos a plantexar os guións dos anuncios entre ambos decindo deste modo repartir 4 tipos de drogadiccións e montando cada un 2 dos anuncios publicitarios.












Sétimo día: Hoxe adicamonos a diseñar carteis contra todo tipo de drogadiccións.